“TRIOMF” (TRIOMF) DE MICHAEL RAEBURN – CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección: Michael Raeburn.

Guión: Malcolm Kohll e Michael Raeburn.

Fotografía: Jamie Ramsay.

Música: Philip Miller.

Duración: 97 minutos.

Nacionalidade: Suráfrica / Francia / R.U.

Ano: 2008.

V.O.S.C.

 

FICHA ARTÍSTICA

Lionel Newton, Vanessa Cooke, Paul Lückhoff, Eduan van Jaarsveldt.

 

- PREMIO SIGNIS NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE  AMIENS, 2008.

  

SINOPSE

Baseado na novela de Marlene van Niekerk, sobre unha familia branca e pobre nun barrio ruinoso de Johannesburgo. A familia Benade comparte unha casa decrépita. Preocupados polos resultados das eleccións, planean fuxir ao Norte do país.

 

MICHAEL   RAEBURN

Director, guionista, produtor e fotógrafo nado no Cairo en 1948, aínda que máis tarde se converte en cidadán zimbabuense. Agora, por razóns políticas, é cidadán surafricano. Estuda Literatura Francesa na Universidade de Londres. O seu traballo experimental e documental  destaca como innovador e único. Durante case catro décadas ten loitado arreo por ser unha voz libre e independente dentro dun mundo cada vez máis homoxeneizado. O seu tema principal é a sensación de alienación, frustración e ira, que sente un grupo social que ten sido illado e reprimido por un meirande e poderoso. A violencia, a furia, e incluso a loucura, son os resultados inevitables.

Iníciase profesionalmente coa curtametraxe Rhodesia Countdown (1969). Logo viñeron, The plastic shamrock (1973), Le mouvement mouvement (1975), This game of old (1975), o documental Beyond the Plains Where Man Born (1976), Au-delà des plaines où l’homme est né (1977), Requiem pour un village (1978), Dimanche, doux dimanche (1980), The grass is singing (1981), Under african skies (1990), Jit (1991), Vent de colère (1998), Home sweet home (1999).

Este é o  seu último traballo.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

 

 

Data: 
Lun (19/03/2018)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 € - Cota filme soci@: 4 € - Bono Lumière 5 filmes: 15 € (só soci@s) - Cota filme colaborad@r: 5 € - PARAD@S, con carné: 4 €
AnexoTamaño
PDF icon MARZO 2018.pdf118 KB