“TRADICCIÓN” DE NOVA GALEGA DE DANZA – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Despois de dous espectáculos sorprendendo ao público cunha nova linguaxe, coreográfica e musical, descoñecida para el, Tradicción pretende sorprender de novo utilizando os elementos que conforman o seu propio imaxinario colectivo.

A reinterpretación da tradición é un motivo recorrente até a saciedade nas propostas artísticas do país, por eso Nova Galega de Danza intenta reinventar a perspectiva coa que se aborda.

Terra, percusión, madeira, vento, forza, pobo, movemento, pel, destreza, virtuosismo.

 

- CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA DANZA.

 

Compañía: Nova Galega de Danza.

Xénero: danza contemporánea.

Autoría e coreografía: Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer.

Dirección: Juan Castro Mosquera.

Deseño de son: Pachi Baldomir.

Deseño de iluminación: Antón Cabado.

Vestiario: Stephanie Pasterkamp.

Música: Tradicionais / Pedro Lamas e Jacobo de Miguel.

Elenco artístico: Estefanía Gómez, Inés Vieites Veitras, Alba Vázquez, Iván Villar, Ricardo Fernández e Jaime Pablo Díaz.

Público: adulto.

Duración: 50 minutos.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Ven (27/04/2018)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
8 €