“TIGMI N IGREN” (CASA NO CAMPO) DE TALA HADID – CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección, guión e fotografía: Tala Hadid.

Música: Richard Horowitz.

Duración: 86 minutos.

Nacionalidade: Marrocos / Qatar.

Ano: 2016.

V.O.S.C.


FICHA ARTÍSTICA

DOCUMENTAL:

Fatima Elgounad, Khadija Elgounad.

 

- PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE HONG KONG 2017.
- PREMIO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE AFRICANO DE MILAN 2017.
- PREMIO NON FICCIÓN Á DIRECCIÓN NO MILLENNIUM DOCUMENTOS CONTRA A GRAVEDADE 2017.

- GRAN PREMIO 2M DE FIDADOC 2017.

 

SINOPSE

Presenta a historia milenaria dos amazigh en Marrocos. Ten sido en gran parte contada, preservada e transmitida oralmente por bardos e contacontos nas comunidades pastorais de fala tamazight. O documental segue esta tradición con medios audiovisuais e intenta realizar un retrato fiel desta comunidade.

 

TALA  HADID 

Realizadora, guionista, fotógrafa, montadora e  produtora nada en 1974 en Londres.  Coproduce e  dirixe a súa  primeira longametraxe mentres estudaba na Brown University . O filme, Poeta sagrado, centra a lente no poeta e cineasta italiano  Pier Paolo Pasolini, con entrevistas a Laura Betti, Bernardo Bertolucci, Sergio Citti e  Ninetto Davoli. Tras varias curtametraxes no ano 2000,  mentres traballaba nun proxecto sobre a comunidade xitana macedonia en Nápoles, acada en Italia unha bolsa para estudar cine na Universidade de Columbia, en Nova York. No 2001, dirixe en San Petersburgo Windsleepers, cos poetas Genya Turovskaya e Vladimir Kucheriavkin. No 2005, remata a súa tese co filme Tes Cheveux Noirs Ihsan, rodado en Marrocos proxectado e premiado en numerosos festivais de cine.

O seu traballo ten sido exposto no MOMA, no Walker Art Center en Minneapolis, o Museo Nacional de Mulleres nas Artes en Washington, L'Institut du Monde Arabe en París, Goteberg Kunsthalle en Suecia, Instituto Goethe, no Cairo, na Bienal de Sevilla, na Galería Jonathon Schorr de Nova York, no LACMA nos Ángeles, na Filmoteca de París, na Galería dos Fotógrafos de Londres e Filmoteca de Tánger. Entre 2010/2011, traballa no proxecto independente Heterotopia, unha serie de fotografías que documentan a vida nun bordel de Nova York. En 2012 acada a bolsa Peters Reed Foundation por o seu traballo documental en Marrocos. No outono de 2013 publican na serie Stern Fotografie Portfolio de fotógrafos emerxentes, un pequeno volume cunha selección das súas fotografías. A longametraxe Itarr el Layl (2014), tamén foi proxectada e premiada en numerosos festivais.

Este filme foi seleccionado para proxectarse como obra en curso na edición número 72 do Festival Internacional de Cine de Venecia. É o seu último traballo.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

 

 

 

 

Data: 
Lun (06/11/2017)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 € - Cota filme soci@: 4 € - Bono Lumière 5 filmes: 15 € (só soci@s) - Cota filme colaborad@r: 5 € - PARAD@S, con carné: 4 €
AnexoTamaño
PDF icon NOVEMBRO 2017.pdf444.51 KB