“TERRAZAS DE VERÁN” - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

Xoves 13, ás 19:30 h: Encontro co escritor Beto Luaces.

Venres 14, ás 19:30h: DAVID  REGUEIRO  TRIO – Tributo a Django Reinhardt.

 

Aproveitando o bo tempo do verán sairemos á rúa para realizar unha serie de actividades de dinamización cultural que terán a literatura e a música como  protagonistas.

Contaremos co escritor Beto Luaces nun encontro informal, unha charla amigable onde o público pode falar e preguntar ao escritor sobre o que rodea ao mundo literario.

Ao día seguinte disfrutaremos do concerto de DAVID REGUEIRO TRIO – Tributo a Django Reinhardt. O trío presenta un repertorio baseado en temas compostos e/ou gravados por Django Reinhardt. Trátase dun concerto con carácter divulgativo no que se pretende dar unha visión xeral da música do guitarrista creador do jazz manouche.

 

Prazas: 20

Destinatarios: público xeral, maiores de 16 anos.

 

 

PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA

Data: 
Xov (13/09/2018)
Horarios: 
19:30 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto
AnexoTamaño
PDF icon PROGRAMACION 3 Trimestre 2018.pdf33.52 KB