“SOLLERS POINT” DE MATTHEW PORTERFIELD – CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Matthew Porterfield.

Fotografía: Shabier Kirchner.

Duración: 101 minutos.

Nacionalidade: USA.

Ano: 2017.

V.O.S.C.

 

FICHA ARTÍSTICA

Lombardi, James Belushi, Zazie Beetz.

 

SINOPSE

Un narcotraficante de medio pelo baixo  arresto domiciliario na casa do seu pai en Baltimore, inicia de novo relación cunha comunidade marcada polo desemprego, o abandono e a segregación profundamente arraigada. Alí, loita coas limitacións que o rodean mentres trata de atopar unha saída a súa propia prisión interna.

 

MATTHEW  PORTERFIELD  

Director, escritor, montador, produtor, actor, e guionista estadounidense.

Iníciase profesionalmente con Hamilton (2006), logo viñeron, Putty hill (2011) e I used to be darker (2013), tres traballos cun enorme éxito de crítica e público. A súa obra atópase na colección permanente do Museo de Arte Moderno e se ten proxectado no Centro Pompidou, o Centro de Arte Walker, a Bienal Whitney e festivais de cine como Sundance, a Berlinale  e  SxSW.

Realizou a súa primeira curtametraxe, Take What You Can Carry, (2015), rodada en Berlín cunha bolsa do Harvard Film Study Center.

Dende 2007, está ensinando produción e teoría cinematográfica na Universidade Johns Hopkins.

Este é o seu último traballo.


 

PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

 

 

Data: 
Lun (04/06/2018)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 € - Cota filme soci@: 4 € - Bono Lumière 5 filmes: 15 € (só soci@s) - Cota filme colaborad@r: 5 € - PARAD@S, con carné: 4 €
AnexoTamaño
PDF icon XUÑO 2018.pdf469.49 KB