“ROSSY & VERCHER: FILANTROPÍA” FESTIVAL DE JAZZ DE VIGO “IMAXINASONS 2018” – (AUDITORIO MARTÍN CÓDAX DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO)

Descripción: 

Javier Vercher: saxo, flauta e clarinete

Jorge Rossy: marimba, láminas e vibráfono

Masa Kamaguchi: contrabaixo

Albert Sanz: piano

Joey Baron: batería

 

O saxofonista e clarinetista Javier Vercher e o baterista, pianista e vibrafonista Jorge Rossy forman un dúo de jazz que vén de conquistar o mundo fóra das nosas fronteiras. Vercher xa triunfara en Nova York hai un bo tempo, mentres que Rossy percorreu o mundo unhas cantas veces nada menos que xunto a Brad Mehldau, como baterista, xa no primeiro dos seus tríos. Agora Rossy centrouse máis na melodía que na percusión, mentres que Vercher sumou á súa galería sonora o clarinete baixo. Dez anos levan xuntos, un tempo que lles permite ser dous en paralelo, unidos, simultáneos se o desexan.

Como froito obrigado do entendemento que propician eses dez anos de unión puido crearse Filantropía (Supertone Records, 2018), un traballo que reflicte as dúas intimidades fundidas entre si en once cortes, listos para sorprender por contraste.

 

http://jorgerossy.com/epk/rossyvercher-filantropia



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

Data: 
Mér (04/07/2018)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo (rúa Manuel Olivié, 36203 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Entrada libre ata completar aforamento
AnexoTamaño
PDF icon programa_imaxinasons18.pdf236.89 KB