“ROMPE, XOGA EN IGUALDADE” - (CASA DAS ARTES)

Descripción: 

A Deputación Provincial de Pontevedra, a través da súa Área de Igualdade e coa colaboración da Concellería de Cultura, presenta a mostra "Rompe, xoga en Igualdade", que terá lugar na planta baixa da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15), do 11 de abril ao 13 de maio.

Con esta proposta, preténdese reivindicar a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista. Trátase dunha exposición de poesía visual na que o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo. As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e formación de nenas e nenos así como a transmisión de valores.

As bonecas expostas transmiten valores sexistas que se reproducen nos xogos, dirixindo en gran medida as condutas das nenas e dos nenos.

Mostralas intervidas como mulleres obxecto e representando a realidade da desigualdade das mulleres na sociedade, pretende un resultado didáctico, esclarecedor e reivindicativo.

Data: 
Mér (11/04/2018) a Dom (13/05/2018)
Horarios: 
INAUGURACIÓN (11-04-18): 19:30 h – RESTO PERÍODO EXPOSITIVO: Luns a sábado: de 18:00 - h a 21:00 h – Sábados, domingos e festivos: de 12:00 h a 14:00 h
Lugar: 
Casa das Artes. Planta baixa (rúa Policarpo Sanz 15, 36202 Vigo)
Organizador: 
Deputación Provincial de Pontevedra, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto