“REDONDO” DE CARAMUXO TEATRO – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

 ENTRADAS ESGOTADAS PARA ESTE ESPECTÁCULO

Infórmase que as entradas, están esgotadas. Por este motivo, o despacho de billetes do auditorio só funcionará para a recollida das entradas vendidas anticipadamente.



“Redondo” é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas.

A Mr. Round fascínano todos os obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día, na súa incesante procura, atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes.

Unha proposta visual para gozar en familia.

 

Compañía: Caramuxo Teatro.

Xénero: Teatro para bebés.

Autoría: Juan Rodríguez e Laura Sarasola.

Dirección e coreografía: Laura Sarasola.

Adaptación, escenografía, vestiario e música: Caramuxo Teatro.

Deseño de son e deseño de iluminación: Suso Jalda.

Elenco artístico: Juan Rodríguez.

Idioma: galego.

Público: maiores de 6 meses.

Duración: 30 minutos.

Prezo: 5 € (1 persoa adulta + 1 bebé en escenario) - Resto de acompañantes en patio de butacas con visibilidade reducida de balde até completar aforamento.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 90244226

- En Discos Elepé (Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h, de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

 

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Dom (26/11/2017)
Horarios: 
12:00 h e 18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 € (1 persoa adulta + 1 bebé en escenario) - Resto de acompañantes en patio de butacas con visibilidade reducida de balde até completar aforamento.