“QFWFQ. UNA HISTORIA DEL UNIVERSO” (TEATRO MERIDIONAL) – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Da man dunha das series de contos máis imaginativas e sorprendentes que se teñen escrito neste século, unha sinxela familia de campesiños cóntanos o nacemento do universo, a condensación da materia e a formación da luz e as estrelas. E logo, xa con máis calma, a orixe da vida, do sexo – como non- e do tempo no que a lúa pasaba tan preto da terra que se podía subir dun chimpo, antes de que as mareas a afastasen. Non se trata de teatro do absurdo, nin de ciencia-teatro-ficción, trátase fundamentalmente de humor. Do humor dun Calvino rico, fino, poético e intelixente.

 

COMPAÑÍA: Teatro Meridional.

XÉNERO: Teatro-comedia.

PÚBLICO: +14 anos.

DURACIÓN: 75 minutos.

IDIOMA: Castelán.

AUTOR: Adaptación de Julio Salvatierra a partir de “Las Cosmicómicas” de Italo Calvino.

DIRECTOR: Álvaro Lavín.

ESCENOGRAFÍA: Teatro Meridional.

VESTIARIO: María Seresesky.

MÚSICA: Óscar Sánchez Zafra.

ILUMINACIÓN: Luis Perdiguero.

ELENCO ARTÍSTICO: Álvaro Lavín, Chani Martín, Marina Szerezevsky e Elvira Cuadrupani.

 

 

As entradas poderán adquirirse anticipadamente a través da páxina web de Servinova, no teléfono 902 504 500, na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno 26) ou o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles). Abonos (só a través do canal telefónico e no despacho de billetes): - ABONO Á CARTA 5 (Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15% de desconto sobre o prezo total) – ABONO Á CARTA 10 (Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total).

 

PROGRAMA COMPLETO E RESUMIDO NO SEGUINTE ENLACE.

 

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA E FESTAS NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

Data: 
Ven (07/11/2014)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura e Festas
Acceso: 
8 €