“PUM PUM” DE BAOBAB TEATRO – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Marieta é unha nena coma calquera nena de 5 anos, pero ela está rodeada de portas, portas que se abren e contan historias. Historias que teñen música e cantan cando Marieta quere, pero Marieta ten unha porta que garda un segredo. Un segredo que nunca contou e que ninguén escoitou.

“Pum Pum” é un espectáculo tenro para nenos e nenas a partir de 5 anos que fala de historias cotiás que lles pasan aos nenos e ás nenas destas idades, pero tamén transmite unha mensaxe clara: dende moi pequenos deben saber que ninguén os pode obrigar a facer cousas que non queren.

 

Compañía: Baobab Teatro.

Xénero: teatro monicreques.

Autoría: Andrea Bayer.

Dirección e escenografía: Óscar Ferreira.

Deseño de son: Daniel Abalo.

Deseño de iluminación: Óscar Ferreira e Daniel Abalo.

Vestiario: Baobab Teatro.

Música nana: Elena Paz.

Música original: Davide González.

Elenco artístico: Davide González e Andrea Bayer.

Idioma: galego.

Público: maiores de 5 anos.

Duración: 50 minutos.

Prezo: 5 €.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 90244226

- En Discos Elepé (Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h, de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

 

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Dom (12/11/2017)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €