“PROGRAMA ESPECIAL 3x3: 3 EXPECTÁCULOS, 3 DISCIPLINAS ARTÍSTICAS, 3 ESPAZOS, 3 €” DE TEATRO AFORO, TEATRO EN PUNTO E PRODUCIÓNS DISPERSAS – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

“DE COMO SE CREA A METÁFORA”

Unha recreación do cadro A creación da metáfora do pintor surrealista galego Eugenio Fernández Granell: un achegamento ao mundo das metáforas, das imaxes, das suxestións...

Lugar: Vestíbulo.

Compañía: Teatro Aforo.

Autoría: Leonel Laborde e Juan Cid.

Dirección: Leonel Laborde.

Coreografía: Juan Cid.

Elenco artístico: Leonel Laborde e Juan Cid.

 

 

“UNHA ROSA ENTRE AS PERNAS”

Dúas persoas. Unha situación cotiá ou non, depende de para quen. Un espazo íntimo. Queredes acompañarnos?

Lugar: Cameríns.

Compañía: Teatro En Punto.

Autoría: Afonso Becerra de Becerreá.

Dirección e deseño de iluminación: Gloria Rico.

Elenco artístico: Xosé Luis Bernal “Farruco” e Roberto Leal.

 

 

“MEMORIAS DUN SER HUMANO DISPERSO (VERSIÓN 7.0)”

Unha personaxe desubicada, disfuncional e un pouco esquizofrénica, que devece por escapar dun mundo que non comprende e no que non é comprendido a un lugar moi afastado no que todo será diferente.

Existirá tal paraíso?

Lugar: Escenario.

Compañía: Producións Dispersas.

Autoría: Diego Freire.

Dirección: Jose Campanari.

Escenografía, deseño de iluminación e vestiario: Producións Dispersas.

Deseño de son e música: Ramón Feans Chiri.

Elenco artístico: Diego Freire. 

 

AFORAMENTO LIMITADO.

Idioma: galego.

Público: adulto.

Duración: 90 minutos.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Ven (16/03/2018) a Sáb (17/03/2018)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
9 €