“PRESENTACIÓN DA PROGRAMACIÓN” DE EDUCATEATRO PRODUCIÓNS – (DESDE A FAROLA DE URZÁIZ POLA RÚA DO PRÍNCIPE)

Descripción: 

Un explosivo espectáculo de rúa onde grandes e pequenos poderán probar de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre. Sofre alopecia? Séntese débil e decaído? Sen apetito... de ningún tipo? Probe os produtos do Doutor Milagre e desaparecerán todos os seus problemas! Agobiado polas débedas e coa necesidade imperiosa de facer fortuna? Este atolado médico/inventor farase cun vello autobús para convertelo nun auténtico show da venda ambulante.

Música, improvisación, xogo, baile, comedia, diversión e moito máis neste delirante espectáculo de rúa.

 

 

Compañía: EducaTeatro Producións.

Espectáculo: A tropa do Doutor Milagre.

Xénero: teatro de rúa.

Autoría, dirección, adaptación e deseño de iluminación: Inventi Teatro.

Escenografía: Sr. Sagüillo.

Deseño de son e música: Paulo Medal.

Vestiario: Alicia Rodríguez.

Coreografía: Ali Otero.

Elenco artístico: Marcos Alonso, Bea Campos e Paulo Medal.

Idioma: galego.

Público: familiar.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

 

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Ven (26/01/2018) a Sáb (27/01/2018)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Desde a farola de Urzáiz pola rúa do Príncipe
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Libre