“PRENDE NO COLO” OBRADOIRO DE LUIS PREGO - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

O SNL do Concello de Vigo en colaboración coa Biblioteca Neira Vilas organizan este obradoiro, realizado por Luis Prego, onde se traballará coas  cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas cheas de ritmo e melodía a partir de temas tradicionais galegos, de forma que despois as familias poidan cantar e xogar na casa.

 

Destinatarios: bebés ata 3 anos e os seus acompañantes.

Prazas: 30 bebés por sesión cos seus acompañantes adultos.

Inscrición: os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición  a partir  das 10:30 h do 10 de outubro de 2017. A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

 

Data: 
Xov (26/10/2017)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto