“POSOKI” (DESTINOS) DE STEPHAN KOMANDAREV – CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección: Stephan Komandarev.

Guión: Stephan Komandarev, Simeon Ventsislavov.

Fotografía: Vesselin Hristov.            

Montaxe: Nina Altaparmakova.

Duración: 103 minutos.

Nacionalidade: Bulgaria.

Ano: 2017.

V.O.S.C.

 

FICHA ARTÍSTICA

Ivan Barnev, Georgi Kadurin, Borislava Stratieva, Anna Komandareva.


- 2017: FESTIVAL DE XIXÓN: MELLOR GUIÓN.

 

SINOPSE

Nunha reunión co seu banqueiro, o dono dun pequeno negocio descobre que ten que pagar un suborno para acadar un préstamo. El dispáralle ao banqueiro e logo a si mesmo. Este incidente causa un enorme eco de ámbito nacional, cuestionando o desencanto da sociedade. Mentres, seis taxistas e os seus pasaxeiros desprázanse coa esperanza de atopar un futuro mellor.

 

STEPHAN   KOMANDAREV

Director, guionista e produtor nado en Sofía en 1966. Graduado en Dirección  de Cine e Televisión na Nova Universidade de Bulgaria en 1998. Un ano máis tarde funda a súa propia produtora: Argo. Iníciase na longametraxe con Dog's Home, estreada na sección Fórum da Berlinale en 2001. Co segundo filme, O mundo é grande e a felicidade está á volta da esquina , acada premios en festivais de medio mundo e foi  preseleccioado para os Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa en 2009.

Na súa faceta de documentalista ten estreado títulos como: Home for Someone Else (2012), The Town of Badante Women (2009), Alphabet of Hope (2003), Bread over the Fence (2002).

The Judgment (2014), foi o seguinte traballo de ficción.

Este é o seu último traballo.



MÁIS INFORMACIÓN NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

Data: 
Lun (19/02/2018)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 € - Cota filme soci@: 4 € - Bono Lumière 5 filmes: 15 € (só soci@s) - Cota filme colaborad@r: 5 € - PARAD@S, con carné: 4 €
AnexoTamaño
PDF icon FEBREIRO 2018.pdf101.43 KB