“OUTONO” DE PISTACATRO PRODUCTORA DE SOÑOS – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, a emblemática compañía de novo circo galego dá o seu salto mortal máis arriscado: “Outono”, un novo espectáculo no que reúne aos seus fundadores para celebrar o máis difícil aínda: facerse maior.

“Outono” é unha homenaxe aos pallasos clásicos contada a través dunha compañía de clowns en plena crise. Un espello no que se miran os artistas e as súas personaxes, unha carpa caída onde se suceden as estacións. “Outono” é un espectáculo de teatro-circo, con música en directo, que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado; unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ao antigo oficio dos pallasos. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor.

 

Compañía: Pistacatro Productora de Soños.

Xénero: novo circo.

Autoría e coreografía: Pistacatro.

Dirección e adaptación: Antón Coucheiro.

Escenografía e vestiario: Uxía Vaello.

Deseño de son e música: Xavier Mera.

Deseño de iluminación: Javier Quintana.

Elenco artístico: Aitor Garuz, Manu Lago, Natalia Outeiro “Pajarito” e Pablo Reboleiro.

Idioma: galego.

Público: maiores de 5 anos.

Duración: 70 minutos.

Prezo: 5 €

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 90244226

- En Discos Elepé (Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h, de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

 

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Ven (17/11/2017)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €