“OUTLET DO LIBRO GALEGO” - (CENTRO SOCIAL AFUNDACIÓN)

Descripción: 

A Concellería de Cultura e Festas colabora co Outlet do Libro Galego, organizado pola Asociación Galega de Editores (AGE), que terá lugar no Centro Social Afundación (sala de exposicións, r/ Velázquez Moreno 18) do 1 ao 9 de novembro, en horario de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h.

O Outlet do Libro Galego é unha nova oportunidade comercial para moitos títulos de gran valor do catálogo das editoriais galegas, que nestes intres se atopan fóra dos circuitos comerciais convencionais. O seu obxectivo é abrir unha nova canle de comercialización que poña en contacto estas obras de contido variado cun público que ten gran interese en coñecer esta oferta. Poderán adquirirse libros a 5, 10 e 15 €, así como lotes de 1 libro por 3 €, 2 libros por 5 € e 5 libros por 10 €.

O Outlet fundaméntase nunha colaboración a tres bandas entre o Concello, unha libraría local, neste caso Librouro, e a Asociación Galega de Editores. Nesta edición participarán quince editoriais asociadas á AGE, con 800 títulos de diferentes liñas editorais: narrativa, ensaio, poesía, divulgación, literatura infantil e xuvenil, arte, etnografía, música...

Data: 
Sáb (01/11/2014) a Dom (09/11/2014)
Horarios: 
11:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:00 h
Lugar: 
Centro Social Afundación, sala de exposicións (rúa Velázquez Moreno 18, 36201 Vigo)
Organizador: 
Asociación Galega de Editores (AGE), colabora a Concellería de Cultura e Festas
Acceso: 
Gratuíto