“OS ROCKENSTEIN” DE MALASOMBRA PRODUCIÓNS – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

O profesor Rockenstein é un brillante científico que pasa a súa vida metido no laboratorio investigando novas fórmulas para beneficio da humanidade. Pasa os seus días entre probetas, computadores, tubos de ensaio e microscopios, mentres goza da súa gran paixón: o rock & roll.

Pero Rockenstein está triste, séntese só e, de súpeto, xorde a gran idea da súa vida; crear unha criatura! Un fillo con quen poder compartir o amor pola ciencia e polo rock & roll.

Pero algo falla, a revolucionaria maquinaria que acaba de inventar vólvese tola e non sae un fillo, empeza a cuspir neles ata que saen tres.

Non só ten con quen compartir a súa vida e as súas paixóns, ten a súa nova familia con quen montar a “Rockenstein Band”.

Os Rockenstein é un espectáculo de teatro e música con cancións orixinais para público infantil e familiar.

 


Compañía: Malasombra Producións.

Xénero: teatro musical.

Autoría: Jose Prieto.

Dirección: Marcos Orsi.

Escenografía e vestiario: Carlos Alonso.

Deseño de son: Malasombra.

Deseño de iluminación: Xoque Carbajal.

Música: Carlos Mosquera.

Coreografía: Sandra Iglesias.

Elenco artístico: Sandra Iglesias, Celia González, Jouse García e Xoque Carbajal

Idioma: galego.

Público: familiar (+5 anos).

Duración: 60 minutos.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Dom (18/02/2018)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €