“OOPART: HISTORIA DE UN CONTRATIEMPO” DE TRESPERTÉ CIRCO TEATRO – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

O xentío agarda expectante para ver a sorpresa que lles deparará o dispositivo mecánico-temporal situado ante os seus ollos.

Nada é o que parece nesta aventura a través do tempo.

Unha peculiar tripulación, que acaba de chegar dunha viaxe a través do tempo, aterra ante os nosos ollos e preséntanos a grande oportunidade de facermos viaxes no tempo; iso si, por un módico prezo. Para iso farán gala dos seus mellores reclamos e dos seus asombrosos números circenses. Pero hoxe non é un día calquera na súa rutina como vendedores ambulantes.

Manipular o tempo ás veces ten as súas consecuencias.

 

Compañía: Tresperté Circo Teatro.

Xénero: novo circo.

Autoría: Tresperté Circo Teatro e Antonio J. Gómez Sánchez.

Adaptación: Antonio J. Gómez Sánchez.

Escenografía: Carlos Monzón e En Ascuas Forja.

Deseño de son e música: Iván Monje.

Deseño de iluminación: Almudena Oneto.

Vestiario: Laura León.

Coreografía: Tresperté Circo Teatro.

Elenco artístico: Claudia Ortiz, Paco Caravaca, Luis Ayuso e Carmine Piccolo.

Público: maiores de 6 anos.

Duración: 50 minutos.

Prezo: 5 €.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 90244226

- En Discos Elepé (Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h, de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

 

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Dom (19/11/2017)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €