“OBRADOIRO DE PERCUSIÓN CON MATERIAL DE REFUGALLO” - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

Mércores, 8 de agosto: público infantil dende 3 ata 7 anos.

Xoves, 9 de agosto: público infantil dende 8 anos.

 

Un divertido e singular obradoiro creado para promover a expresión a través dunha das disciplinas musicais máis apaixonantes. Os instrumentos creados con materiais de refugallo non só achegan aos nenos/as ao mundo da música senón que os educan en valores e conciéncianos sobre a  importancia de coidar o medioambiente e aproveitar e reutilizar os residuos. A través desta actividade fomentamos a actitude construtiva (comprobamos que o que se considera lixo pódese transformar nun instrumento musical), contaxiamos alegría a través da música e descubrimos a satisfacción de protexer o ecosistema.

 

Destinatarios: público infantil (mércores público infantil dende 3 ata 7 anos, e xoves público infantil dende 8 anos).

Prazas: 15 prazas.

Inscrición: os interesados en participar neste obradoiro poden formalizar a súa inscrición a partir das 10:30 h do 15 de xullo de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA

Data: 
Mér (08/08/2018) a Xov (09/08/2018)
Horarios: 
De 11 h a 13 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto
AnexoTamaño
PDF icon PROGRAMACION 3 Trimestre 2018.pdf33.52 KB