“OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN” CON ÓSCAR VILLÁN. DÍA DAS BIBLIOTECAS - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

Para festexar o Día da Biblioteca o ilustrador Óscar Villán visita a biblioteca para realizar un obradoiro sobre o proceso de ilustración dun libro, tomando como referencia de entrada o traballo do propio autor e o de moitos outros debuxantes con estilos e puntos de vista diverxentes, coa intención de mostrar o amplo abano de posibilidades que ofrece o mundo do debuxo.

 

Destinatarios: público infantil, maiores de 8 anos.

Prazas: 15 prazas.

Inscrición: os interesados en participar neste obradoiro poden formalizar a súa inscrición a partir das 10:30 h do 3 de outubro de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

 

Data: 
Mar (24/10/2017)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto