“O SERVIDOR DE DOUS AMOS” DE TALÍA TEATRO – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Compañía: Talía Teatro.

Xénero: teatro comedia.

Autoría: Carlo Goldoni.

Dirección e adaptación: Artur Trillo e Diego Rey.

Escenografía e deseño de iluminación: Diego Valeiras.

Vestiario: Martina Cambeiro.

Elenco artístico: Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo.

 

Talía Teatro presenta unha revisión do clásico O servidor de dous amos, un dos textos inmortais da historia do teatro. Así como a Commedia dell’Arte creaba unha paisaxe cómica e irreverente da sociedade italiana do momento, esta versión trata de construír un xoguete escénico onde nobres e mandatarios se converten en empresarios e políticos, e a vida mesma da nosa sociedade é retratada con irreverencia e descaro, buscando un espectáculo trepidante e deslinguado, tan mordaz coma divertido. Eduardo Rocancourt e o seu socio, Ferdinand Demara, acusados de tráfico de influencias e evasión fiscal, seguen desaparecidos. A súa muller, Anna Rocancourt, afirma descoñecer tanto o paradoiro do seu marido como o alcance da súa actividade económica.

A noticia coñeceuse xusto despois de que a empresa Rocancourt recibira o proxecto de construción do novo hospital comarcal, licitado en trescentos millóns de euros. O alcalde, Arthur Furguson, decidiu entregar o contrato de construción á empresa local Ponzi.

A historia de Rocancourt ten en vilo a todo o país. O nome que simboliza o prestixio patrio pasou a converterse na vergoña nacional. Prolóngase así un xogo de mentiras e medias verdades, de encubrimentos e “amiguismos” ao servizo de intereses políticos e empresariais.

 

Idioma: galego.

Público: adulto.

Duración: 75 minutos.

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.

 

PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Ven (12/10/2018) a Sáb (13/10/2018)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
8 €
AnexoTamaño
PDF icon folleto_expo_saia_raina.pdf330.21 KB