“LA SOCIOLOGUE ET L´OURSON” DE MATHIAS THÈRY E ETIENNE CHAILLOU – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

“LA SOCIOLOGUE ET L´OURSON”: DE MATHIAS THÈRY E ETIENNE CHAILLOU

 

Tres anos despois do proxecto de lei do Matrimonio para todos en Francia, o debate lanzado por Irène Thiéry volve ser tema de actualidade nos medios franceses co documental A socióloga e o osito.

Dirixida polo seu fillo, Mathias Théry, a película reflicte as conversacións que ambos tiñan respecto de tal proxecto de lei, de setembro do 2012 a maio de 2013. En definitiva, unha película diferente aos documentais habituais e na que Irène Thiéry aparece mesmo como un dos personaxes, de peluche.

Hoxe en día, a socióloga, especialista na familia e as cuestións de xénero e defensora do Matrimonio para todos, fai un balance da situación: as parellas do mesmo sexo están máis integradas e o seu matrimonio está mellor aceptado, tanto por parte da esquerda como da dereita. Con todo, esta integración parece seguir suscitando reaccións moi hostís, especialmente por parte dos sectores relixiosos.

 

 

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

 

 

Data: 
Mér (15/11/2017)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Alliance Française de Vigo, colabora a Concellería de Cultura
Acceso: 
Entrada gratuíta até completar aforamento