“LA GALLINA DE LOS HUEVOS DE ORO” DE ZUM-ZUM TEATRE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Gústanvos os cartos?... Moito? Os granxeiros desta historia non perdían o tempo pensando nos cartos e sempre repartían o pouco que tiñan con quen máis o necesitaba, pero un día a galiña chegou á súa granxa e puxo un ovo de ouro. Imaxinades se vos pasara a vos?...

A galiña dos ovos de ouro fala da pobreza, da riqueza e da cobiza. Unha historia que conta que os cartos son un “conto”.

 

 

Compañía: Zum-Zum Teatre.

Xénero: teatro clásico.

Autoría, dirección e adaptación: Ramon Molins.

Escenografía: Joan Pena.

Deseño de son: Sergio Sisques.

Deseño de iluminación: Zum-Zum Teatre.

Vestiario: Olgo Cuito.

Zapatería: Ángel Moreno e Joan Pena.

Música: VV.AA.

Elenco artístico: Begonya Ferrer, Ramon Molins e Albert García.

Idioma: España.

Público: familiar (+4 anos).

Duración: 55 minutos.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Dom (25/02/2018)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €