“KINI ET ADAMS” (KINI E ADAMS) DE IDRISSA OUEDRAOGO – CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección: Idrissa Ouedraogo.

Guión: Idrissa Ouedraogo, Santiago Amigorena e Olivier Lorelle.

Fotografía: Jean-Paul Meurisse.

Música: Wally Badarou.

Duración: 97 minutos.

Nacionalidade: Burkina Fasso.

Ano: 1997.

V.O.S.C.

 

FICHA ARTÍSTICA

Vusi Kunene, David Mohloki, Nthati Moshesh, John Kani.                                                                                           

   

- PREMIO DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE BERMUDA, 1998.


SINOPSE

Nalgún lugar do sur de África dous amigos soñan con ter unha vida mellor, lonxe da aldea. Intentan arranxar un vello coche con pezas soltas, pero todos se mofan deles. Pouco a pouco, os primeiros ímpetos van perdendo forza.

  

IDRISSA  OUEDRAOGO

Director, guionista e produtor nado en Ouagadougou (Burkina Fasso) en 1954. Ingresa no Instituto de Estudos Cinematográficos Africanos na súa vila natal e logo marcha ao IDHEC, de París, coa intención de profundar nos coñecementos técnicos adquiridos. Aínda que experimenta cos diversos xéneros e formas narrativas, o motivo central do seu traballo soe ser o  concepto da viaxe, ben sexa física ou metafórica.  A estética preciosista dos seus filmes, así como a nostalxia e o exotismo co que amosa África, teñen acadado acendida polémica entre os puristas, que cualifican a súa ollada de “europea,” e os que defenden o interese de que se faga o tránsito dunha cinematografía “miserabilista” a outra na que se busca a máxima perfección en imaxe e son. É grazas a isto que o seu traballo concursa nos mellores festivais internacionais con extraordinario éxito e remata convertido en obra de culto.

Entre os seus traballos destacamos:  Yaaba (1989), Tilai (1990), Samba Traore (1991), Le Cri de Couer (1992), Kato kato (2006).  Rien ne se jette (2010), unha curtametraxe documental foi o seu derradeiro traballo.

Morreu o pasado febreiro na súa cidade natal.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

Data: 
Lun (02/04/2018)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 € - Cota filme soci@: 4 € - Bono Lumière 5 filmes: 15 € (só soci@s) - Cota filme colaborad@r: 5 € - PARAD@S, con carné: 4 €
AnexoTamaño
PDF icon ABRIL 2018.pdf125.53 KB