“JERICÓ, EL INFINITO VUELO DE LOS DÍAS” (XERICÓ, O INFINITO VÓO DOS DÍAS) DE CATALINA MESA – CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección, guión e fotografía: Catalina Mesa.

Montaxe: Loïc Lallemand.

Duración: 95 minutos.

Nacionalidade: Colombia.

Ano: 2017.

V.O.

 

FICHA ARTÍSTICA

Documental.

 

SINOPSE

Xericó, é unha colorida vila colombiana entre montañas onde parece que o tempo está detido. Nesta comunidade, cunha clara influenza relixiosa, oito mulleres protagonizan unha historia centrada nos relatos íntimos. Relatos que amosan a súa coraxe que sirve de fío condutor para comprender a importancia dos afectos apegados á vida cotiá.

 

CATALINA  MESA

Directora, guionista e fotógrafa colombiana. Acada formación en ballet clásico e danza contemporánea no seu país para logo viaxar a Boston a estudar Management e Comunicacións no Boston College. Ao rematar, marcha a Nova York a traballar como produtora realizando proxectos transmedia para marcas e revistas europeas. Máis tarde viaxa a París para realizar unha licenciatura en Historia da Arte do Espectáculo e unha Diplomatura en Letras na Sorbona; Nesa época viaxa á India, Xapón e Bután, cuxa experiencia ten froito nun primeiro libro de poesía e fotografía, Elixir do dragón. Continúa a súa formación académica na Escola Gobelins de París, onde realiza ciclos de fotografía, vídeo e montaxe. Máis tarde inicia estudos de dirección na escola de cine La Fémis – Escola Nacional de Cinematografía de Francia- e marcha aos Estados Unidos, para realizar cursos de cinematografía dixital e dirección na Universidade de California. Paralelamente a esta etapa de formación monta en París a produtora Miravus, coa que ten realizado diversos proxectos fotográficos e audiovisuais para marcas de moda como American Retro e para a marca de vestidos de baño, Auga Bendita; revistas como Décoration d’exception, Maroc; fotografías para a Artista Alexandra Athanassiades, do seu traballo exhibido na Galería Dutko, ubicada en París; dirección artística e creación de contidos para o soporte de comunicación en línea e impresión da marca N&C París, Decopolitan, a arquitecta de interiores Naguissa Tajan, e a toma de fotografías e post-produción para o traballo discográfico de Travelers, agrupación de jazz.

Tras realizar un documental que narra a evolución dun proxecto de transformación urbana, Farm for change, decide voltar a Colombia para cumplir coa promesa de celebrar a memoria da súa tía avoa Ruth Mesa, reencontrándose coa súa cultura de orixe na vila de Xericó. Con este traballo debuta na longametraxe.

O  seu último traballo como directora é o documental Ecos de Xericó.

 

  

MÁIS INFORMACIÓN NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

 

 

Data: 
Lun (22/01/2018)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 € - Cota filme soci@: 4 € - Bono Lumière 5 filmes: 15 € (só soci@s) - Cota filme colaborad@r: 5 € - PARAD@S, con carné: 4 €
AnexoTamaño
PDF icon XANEIRO 2018.pdf122.36 KB