“JAMM SESSION – PABLO CASTAÑO” FESTIVAL DE JAZZ DE VIGO “IMAXINASONS 2018” - (CAFÉ VITRUVIA)

Descripción: 

Pablo Castaño: saxos, arranxos e composición

Marcos Pin: guitarra

Paco Charlín: contrabaixo

Naíma Acuña: batería

 

Pablo Castaño recibiu unha bolsa de estudos e no ano 2007 obtivo un BFA in Jazz Performance pola New School University (nyc) no que acabou sendo o primeiro da clase. Residiu na cidade de Nova York como músico independente. Neste período traballou de sideman en concertos e gravacións con Tom Abbott, Stan Rubin, José James, Eyal Vilner, Wade Burnes... entre outros moitos artistas destacados da escena jazzística neoiorquina. Smalls, Minton’s Playhouse, Fat Cat, Iridium, Jazz Garage, Carnegie Club, Swing 46, o Jazz at Lincoln Centere a convención da Jazz Improv Magazine foron os escenarios habituais nos que desenvolveu a súa carreira profesional como músico de jazz na Zidane estadounidense.

Xa no país, ademais de colaborar regularmente con Xacobe Martínez, Marcos Pin, Abe Rábade, Iago Fernández, Yago Vázquez e Marcelino Galán, lidera o seu propio septeto e trío. En 2009 participa na xira e gravación en dvd de Descarga ao Vivo. Cuba-Galiza. En 2011 forma parte do elenco de músicos da recoñecida produción do Centro Dramático Galego A ópera dos tres reás (Bertolt Brecht/Kurt Weill), dirixida por Quico Cadaval, coa que vai de xira polas principais salas de teatro de España.

Pablo Castaño exerce a docencia no Conservatorio de Grao Medio de Ribeira e na Escola Estudio. Tamén imparte varios seminarios de jazz. Entre as súas gravacións destacan as colaboracións con Marcelino Galán, Xacobe Martínez, José James, Carlos López, YoungMin You, Felix and the Cats, Eyal Vilner Big Band, Marcos Pin, Rafa Fernández, Ton Risco ou Alfonso Calvo e Ángeles Dorrío.

Participou ademais na gravación de varias bandas sonoras, entre as que destaca a de Met in NYC (Sergio Pena/ Abe Rábade) e Bacteria mutante (Suso Alonso). En 2018 grava o seu primeiro disco como líder, titulado A-la-láa, no que aproveita a liberdade interpretativa deste tipo de pezas para explorar novos campos improvisatorios.


PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.


Data: 
Ven (29/06/2018)
Horarios: 
24:00 h
Lugar: 
Café Vitruvia (praza de Compostela 4, 36201 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Entrada libre ata completar aforamento
AnexoTamaño
PDF icon programa_imaxinasons18.pdf236.89 KB