“JAM SESSION - JUYMA ESTÉVEZ TRÍO” FESTIVAL DE JAZZ DE VIGO “IMAXINASONS 2018” - (EL CONTRABAJO)

Descripción: 

Juyma Estévez: contrabaixo

David Regueiro: guitarra

Noli Torres: batería

 

Juyma Estévez, contrabaixista de referencia no jazz galego, comeza seus estudos nos conservatorios de Pontevedra e Santiago (onde obtén o Título Profesional de Música) e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.

Despois marcha para Donostia, onde acada o Título Superior de Música, na especialidade de jazz, en Musikene (Conservatorio Superior de Música do País Vasco) e toca con diferentes bandas nalgúns dos clubs, teatros e festivais de jazz máis importantes, como no Heineken Jazzaldia, no Teatro Campos Elíseos Antzokia de Bilbao e no Altxerri Jazz Club. 

Logo regresa a Galicia, onde se establece como músico profesional e docente.

Curtido en mil proxectos que abarcan o jazz, o rock, o blues, o country, o folk e o mundo clásico, grava con numerosas formacións entre as que se encontran o David Regueiro Swingtet, Green with Envy, Gold & Colt, Xabi Aburruzaga e Lakunza Brothers, por exemplo.

O seu primeiro traballo como líder titúlase Océanos de porcelana.

Xa que o seu segundo disco como líder acaba de saír, teremos a sorte de coñecelo case en estrea mundial. Foi gravado integramente no auditorio da súa vila natal (Bueu), leva por título Viento del Norte (FreeCode Jazz Records), consta de nove temas e desta volta acompáñano David Regueiro á guitarra e Noli Torres á batería.

 

http://juymaestevez.wixsite.com/bass



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

Data: 
Mér (04/07/2018)
Horarios: 
24:00 h
Lugar: 
El Contrabajo (rúa Venezuela 82, 36204 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Entrada libre ata completar aforamento
AnexoTamaño
PDF icon programa_imaxinasons18.pdf236.89 KB