“IBERIAN GANSTERS” DE TEATRO MERIDIONAL – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Compañía: Teatro Meridional.

Xénero: teatro contemporáneo.

Autoría: Julio Salvatierra.

Dirección: Álvaro Lavín.

Escenografía: Meridional.

Deseño de son e música: Alberto Granados.

Deseño de iluminación: Luis Perdiguerro.

Vestiario: Lupe Valero.

Elenco artístico: Clara Alvarado, Miguel Ángel Gamero, Chani Martín/Álvaro Lavín, Eva Martín, Xavi Meleron e Iván Villanueva.

 

-Finalistas aos Premios Max 2018 ao Mellor Espectáculo Musical.

 

O ex-ministro Rafael Velasco, deputado e portavoz do seu grupo político, é culpable. Pero non se arrepinte de nada. Todo o que fixo, había que facelo, igual que o fixeron outros moitos.

Desde os comezos no partido comunista, pasando polo socialismo ata arribar na dereita conservadora pasaron 40 anos, compartidos coa súa dona e a súa filla, nova promesa no partido.

Pero o único que lle importa nestes intres é que ela non saiba a verdade. Porque a súa filla é a súa herdeira política, o azote da corrupción que viu sentar as bases da política das futuras xeracións...

 

Idioma: español.

Público: adultos.

Duración: 75 minutos.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Ven (09/11/2018)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
8 €