“HELENA: XUÍZO A UNHA LURPIA” DE TEATRO DO ATLÁNTICO – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Nese espazo no que a nosa memoria se converte en inmortal, atopámonos con Helena de Troia, “a bela Helena”, a filla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao, a amante de Paris.

Estamos no século XXI. Helena xa non é “a bela Helena”, senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo. Aínda así, mantense posuidora dunha enerxía desbordante, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao; a paixón da amante namorada do fermoso Paris co desafío e o rancor para con Zeus, o seu divino pai; a ironía ao redor de moitos dos seus contemporáneos: Aquiles, Ulises... coa impotencia diante da crueldade da guerra...

 

Compañía: Teatro do Atlántico.

Xénero: teatro clásico.

Autoría: Miguel del Arco.

Dirección e deseño iluminación: Xulio Lago.

Adaptación: Inma López Silva.

Escenografía: Antonio F. Simón.

Deseño de son e música: Anxo Graña.

Vestiario: Susa Porto.

Elenco artístico: María Barcala.

Idioma: galego.

Público: adulto.

Duración: 60 minutos.

Prezo: 8 €.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 90244226

- En Discos Elepé (Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h, de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

 

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Ven (24/11/2017)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
8 €