“HABITACIÓN 801” DE LUCAS LOCUS – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Vicente, xenerosamente, invítanos a pasar ao seu fogar, ou quizais entremos sen que se dera conta. Todo está completamente destartalado pois, entre os seus “costumes” está a de recolleitar todo aquilo que atopa nos seus paseos matutinos.

Unha vez dentro, vemos a Vicente funcionando coas súas rutinas cotiás pero, esa cotidianidade, non ten nada que ver co que podiamos esperar. Enseguida empeza a vivir experiencias alucinatorias que nos farán viaxar da risa ao choro con extremada delicadeza. Descubrirá, e descubriremos, que foi un gran artista e veremos se hoxe é o día para desempoar aquilo que lle deu tantos éxitos.

Cunha coidada posta en escena, Habitación 801, é un espectáculo de Circo e Teatro Visual onde, sen dúbida, “as aparencias enganan”.

 

Compañía: Lucas Locus.

Xénero: novo circo.

Autoría: Lucas Escobedo.

Dirección: Piero Steiner e Lucas Escobedo.

Escenografía: Ignacio de Antonio.

Deseño de son: Sandra Vicente Perea.

Deseño de iluminación: Juanjo Llorens.

Vestiario: Patipau Talavera e Raquel Ibort.

Música: VV.AA.

Elenco artístico: Lucas Escobedo.

Público: adulto.

Duración: 55 minutos.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Ven (13/04/2018)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
8 €