“GRANDEUR ET DÈCADENCE D´UN PETIT COMMERCE DE CINÉMA (GRANDEZA E DECADENCIA DUN PEQUENO COMERCIO DE CINE) DE JEAN-LUC GODARD – CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Jean-Luc Godard.

Fotografía: Caroline Champetier e Serge Le François.

Duración: 92 minutos.

Nacionalidade: Francia.

Ano: 1986.

V.O.S.C.

 

FICHA ARTÍSTICA

Jean-Pierre Mocky, Marie Valera, Jean-Pierre Léaud.                       

 

SINOPSE

Baseado na novela de James Hadley Chase. O director Gaspard Bazin está preparando unha nova longametraxe e organiza castings para elexir aos figurantes. Aínda están no proceso de financiamento e fai un chamamento a Jean Almereyda, un antigo produtor de moda vido a menos ao que lle custa cada vez máis acadar financiación.

 

JEAN-LUC GODARD  

Director, guionista, produtor, montador e fotógrafo nado en París en 1930.

Criado no seo dunha familia acomodada e protestante, con catro anos a familia trasládase a Suíza. Educado en Suiza e na Sorbona, onde cursa estudos de Etnoloxía. Asiduo da cinemateca universitaria é alí onde coñece aos  futuros membros da Nova Onda. Foi crítico de Cahiers du cinema e outras revistas especializadas. Debuta na longametraxe con À bout de souffle (1959), respaldado por Truffaut, onde desenvolve un cine espontáneo, con saltos de exe, cámara en man, e rodaxes sen iluminación especial.
Os seus seguíntes traballos, como Vivir a súa vida (1962), Unha muller casada (1964), Alphaville (1965), ou Pierrot o tolo (1965), expoñen a evolución do seu estilo vanguardista, que mesturaba a ficción con partes case documentais.
En Week-end (1967), expón as súas posicións de extrema esquerda, intentando facer "películas revolucionarias para audiencias revolucionarias". Filmadas en 16 mm, con orzamentos baixos, incluso máis radicais cas anteriores. Na década de 1970, traballa en producións de carácter menos político, intentando ser máis comercial. Con Sálvese quen poda (1979), volve o cine convencional en 35 mm, máis na liña do seu primeiro periodo, Pasión (1982), Nome: Carmen (1983) e Eu te saludo, María (1984).

No 2010, a Academia de Hollywood lle concede un Óscar honorífico.

Le livre d'image (2018), é o seu último traballo.

 

 

 

PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

 

 

Data: 
Lun (07/05/2018)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 € - Cota filme soci@: 4 € - Bono Lumière 5 filmes: 15 € (só soci@s) - Cota filme colaborad@r: 5 € - PARAD@S, con carné: 4 €
AnexoTamaño
PDF icon MAIO 2018.pdf123.75 KB