“GIRL ASLEEP” (A MOZA DURMIDA) – CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección: Rosemary Myers.

Guión: Matthew Whittet.

Fotografía: Andrew Commis.

Montaxe: Karryn de Cinque.

Música: Jemma Burns.

Duración: 77 minutos.

Nacionalidade: Australia.

Ano: 2015.

V.O.S.C.

 

FICHA ARTÍSTICA

Bethany Whitmore, Harrison Feldman, Matthew Whittet, Amber McMahon.

 

-FESTIVAL DE ADELAIDA 2015, PREMIO DO PÚBLICO.

-PREMIOS DA ACADEMIA AUSTRALIANA 2016, MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO.

-FESTIVAL DE MELBOURNE 2016, MELLOR FILME.

-FESTIVAL DE SEATTLE 2016, MELLOR FILME, GRAN PREMIO DO XURADO INSTITUTO AUSTRALIANO DE CINE 2017, MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO.

 

SINOPSE

Finais dos anos 70. Final da infancia para Greta, a piques de cumprir quince anos,  non remata de integrarse na nova escola. Mentres a nai prepara a súa festa de aniversario, ela séntese  cada vez máis acosada por todos: pola súa irmá máis vella, polo resto da clase e mesmo polo seu único amigo, o excéntrico Elliott.

 

ROSEMARY   MYERS

Realizadora  e  produtora.

Este filme é a adaptación dunha obra de teatro escrita por Matthew Whittet, e que forma parte dunha  triloxía de historias de mocidade xunto a  Fugitive (2010), e School Dance (2012). Todas elas creadas e levadas á escena no Teatro Widmill de Adelaida (Australia), onde a cineasta era directora artística. Traballos con potentes ritos adolescentes na complexa viaxe da infancia á madurez. No 2012, a directora e o guionista foron invitados a participar en Hive Fund, unha iniciativa única de financiamento do Festival de Cine de Adelaida que prove a artistas creativos de calquera disciplina explorar no mundo do cine. Este foi o resultado.  A directora dixo deste traballo, “todas e todos os adolescentes   intérnanse nun bosque, algúns o atravesan e aparecen por  outro lado. Outros pasan por duros tempos facendo o seu camiño polo bosque na súa mocidade, e os últimos entran no bosque e non saen nunca máis”.

Supón o seu debut no cine como realizadora. É o seu último traballo.



 

 

Data: 
Lun (05/06/2017)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 € - Cota filme soci@: 4 € - Bono Lumière 5 filmes: 15 € (só soci@s) - Cota filme colaborad@r: 5 € - PARAD@S, con carné: 4 €
AnexoTamaño
PDF icon XUÑO 2017.pdf447.14 KB