“GARAGE” DE VOADORA – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

A compañía Voadora segue explorando a utilidade do teatro, o seu vínculo co presente máis cotiá e o seu efecto transformador nas comunidades. Tras o éxito internacional do seu anterior proxecto Don Juan, presentan agora Garage, unha investigación poética sobre o cambio de rol da figura da muller no marco socioeconómico europeo.

Un espectáculo protagonizado por traballadoras da industria automobilística, resultado dun conxunto de entrevistas realizadas nas fábricas na procura das mulleres e as súas circunstancias.

Un choque frontal entre unha compañía de teatro e unha comunidade, entre habitantes de distintas xeracións, entre o xeral e o particular, desdibuxando os límites dese concepto sumamente abstracto que chamamos economía e a súa tradución aos pequenos espazos cheos de graxa e pezas de desgüace, onde se fragua a vida das persoas e a súa problemática na Europa contemporánea.

O espectáculo é un encargo orixinal de MA Scéne nationale – Pays de Montbéliard para abrir a tempada 2017-2018. Estreouse en Francia no Théâtre de Montbéliard coa participación de persoas vinculadas á fábrica PSA Peugeot Citroën Sochaux, a máis antiga de Europa.

 

 

Compañía: Voadora.

Xénero: teatro contemporáneo.

Dirección, escenografía e vestiario: Marta Pazos.

Dramaturxia: Fernando Epelde.

Coreografía: Guillermo Weickert.

Música orixinal: José Díaz, Fernando Epelde e Hugo Torres.

Iluminación: Diego Villar.

Produción: José Díaz.

Axudante de produción: Liza G.Suárez.

Coproduce: MA scéne nationale – Pays de Montbéliard. Francia.

Apoios: AECID, Embajada Española en Francia, Festival Escenas do Cambio

Elenco: espectáculo participativo protagonizado por traballadoras de PSA Peugeot Citroën de Vigo e voluntarias de diferentes xeracións vencelladas coa fábrica.

Idioma: galego.

Público: adulto.

Duración: 70 minutos.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Ven (23/02/2018) a Sáb (24/02/2018)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
8 €