“GAAV” (A VACA) – CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Dariush Mehrjui            .

Fotografía: Fereydon Ghovanlou.

Música: Hormoz Farhat.

Duración: 105 minutos.

Nacionalidade: Irán.

Ano: 1967.

V.O.S.C.

 

FICHA ARTÍSTICA

Ezzatolah Entezami, Ali Nassirian, Jamshid Mashayekhi, Khosrow Shojazadeh.

 

- PREMIO FIPRESCI NO FESTIVAL DE VENECIA, 1971.

- PREMIO AO MELLOR ACTOR EZZATOLAH ENTEZAMI, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CHICAGO 1971.
- PREMIO OCIC NO FESTIVAL DE BERLIN, 1972.

 

SINOPSE

Baseada na novela do escritor iraniano Gholam-Hossein Saedi.

Nunha illada vila iraniana, o propietario dunha vaca descobre, á volta dunha viaxe de negocios, que a vaca está desaparecida. En realidade está morta, pero os demais veciños non se atreven a contar a verdade, xa que a súa identidade e posición social dependen da vaca. El está obsesionado con atopala.

 

DARIUSH  MEHRJU

Director, guionista e produtor nado en Teherán no 1939. Debuta na longametraxe no 1966 con Diamond 33, unha parodia da serie de películas de James Bond. En 1970 dirixe Postchi, coa que se enfronta aos mesmos problemas de censura que Gaav, aínda que acada a súa estrea no 1972, obtendo tamén numerosos premios e prestixio internacional. Algúns críticos comparan o seu cine cos filmes de Roberto Rosselini, Vittorio De Sica e Satyajit Ray. Un tema constante no seu traballo é a atención aos descontentos do Irán contemporáneo, principalmente urbano. O seu filme The Pear Tree (1999), ten sido aclamado como unha reflexión fundamental sobre a burguesía iraniana

Membro da Academia Iraniana das Artes. Foi membro fundador do movemento da Nova Vaga Iraniana de principios dos anos setenta. Esta é a súa segunda longametraxe; é considerada o primeiro filme deste movemento, que tamén inclúe a Masoud Kimiay e Nasser Taqvai.  Filme prohibido durante máis dun ano polo Ministerio de Cultura e Artes iraniano.

A maior parte da súa obra  está inspirada na literatura. Fai adaptacións de novelas e obras teatrais iranianas e de fóra. Outros dos seus traballos: Che khoobe ke bargashti (2013), Ashbah (2014). Mona é o seu último filme.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

Data: 
Lun (23/04/2018)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 € - Cota filme soci@: 4 € - Bono Lumière 5 filmes: 15 € (só soci@s) - Cota filme colaborad@r: 5 € - PARAD@S, con carné: 4 €
AnexoTamaño
PDF icon ABRIL 2018.pdf125.53 KB