“FRANKENSTEIN. NO SOY UN MONSTRUO” DE PATA TEATRO – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Compañía: Pata Teatro.

Xénero: teatro comedia.

Autoría e dirección: Macarena Pérez Bravo e Josemi Rodríguez.

Escenografía: Vicente Palacios.

Deseño de son e iluminación: Josemi Rodríguez.

Vestiario: Elisa Postigo.

Música: Jesús Durán.

Elenco artístico: Josemi Rodríguez e Carlos Cuadros.

 

Víctor Frankenstein é un novo doutor que quere chegar lonxe no mundo da medicina. A súa idea é crear un ser, ao que dará vida a través de raros experimentos. Pero non todo sae como el esperaba.

Tralo seu nacemento, a criatura sae fuxindo despavorida e inicia unha viaxe cuxo percorrido ten un único destino: atoparse con el mesmo e demostrar que non é un monstro.

Esta nova adaptación de Frankenstein é unha versión libre da obra de Mary Shelley, máis centrada na visión da criatura e na humanidade da personaxe, rompendo os clixés convencionais que temos do cine ou do teatro. A personalidade do Dr.Frankenstein queda a un lado e centrémonos na nobreza e pureza da súa creación.

A través desta tenra comedia, as emocións saen a flote, para dar paso a unha obra que nos toca o corazón e nos sopra o cerebro. No 2018 celébrase o 200 aniversario da publicación da novela de Mary Shelley.

 

Público: familiar (+6 anos).

Duración: 60 minutos.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Dom (25/11/2018)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €