“ESCRIBIR E RAÑAR, TODO É EMPEZAR” OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

- Martes, 7 de novembro de 2017.

- Xoves, 9 de novembro de 2017.


O Servizo de Normalización Lingüística e a Biblioteca Xosé Neira Vilas ofrecen un  obradoiro de escritura creativa dirixido polo escritor Xabier Xil Xardón e pensado para os escritores máis novos .

O texto está aí, aberto a dicirnos e a axudarnos a dicir o mundo. Por iso é importante tentar fixar desde a infancia o hábito da escrita literaria. Farémolo a través do xogo e de diferentes dinámicas de escrita creativa que lles permitan aos máis pequenos, dun xeito lúdico e ameno, acceder ao dominio das estratexias básicas da escrita.

 

Prazas: 15 prazas.

Destinatarios: público infantil entre 8 e 12 anos.

Inscrición: os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir do 17 de outubro ás 10:30 h de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. O obradoiro é gratuíto e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

 

Data: 
Mar (07/11/2017) a Xov (09/11/2017)
Horarios: 
De 18:00 h a 20:00 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto