“ESA SENSACIÓN” DE JUAN CAVESTANY - CINE CLUBE LUMIERE. PROXECCIÓNS EN ITINERANCIA DO CGAI – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección, guión e fotografía: Juan Cavestany, Julián Génisson, Pablo Hernando.

Duración: 80 minutos.

Nacionalidade: España.

Ano: 2016.

COR – V.O.

 

FICHA ARTÍSTICA

Lorena Iglesias, Vigo Sanz, Jorge Suquet.

 

SINOPSE

Juan Cavestany, pope do cinema low cost en España, suma esforzos cos máis novos Julián Genisson (membro do colectivo Canódromo Abandonado) e Pablo Hernando (autor da destacable Cabás) para escribir un tríptico tan ridículo coma o país en que vivimos. Aparentemente lixeiras, estas historias entrelazadas sobre mulleres que se excitan con parquímetros, homes chamados por unha repentina fe relixiosa, e grupos de amigos posuídos por arroutadas indescifrables; compoñen en realidade un retrato patético e cómico sobre a nosa España. Para rirmos, por non chorarnos.



MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

 

 

Data: 
Mar (27/06/2017)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura e mailo CGAI
Acceso: 
2 €