- Venres, 19 de xaneiro.
- Venres, 16 de febreiro.
- Venres, 16 de marzo.
Os bebés compartirán con aqueles que os coidan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.
Destinatarios: bebés dende os 12 meses ata 3 anos e os seus acompañantes.
Prazas: 30 bebés por sesión cos seus acompañantes adultos.
Inscrición: os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición para cada unha das sesións a partir das 10:30 h do día 1 do mes da mesma (agás domingos, festivos e luns pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Anexo | Tamaño |
---|---|
![]() | 5.62 MB |