“ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS” - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

- Venres, 20 de outubro.

- Venres, 17 de novembro.

- Venres, 22 de decembro.

 

Os bebés compartirán con aqueles que os coidan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

 

Destinatarios: bebés dende os 12 meses ata 3 anos e os seus acompañantes.

Prazas: 30 bebés por sesión cos seus acompañantes adultos.

Inscrición: os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición para cada unha das sesións a partir  das 10:30 h do día 1 do mes da mesma (agás domingos, festivos e luns pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Data: 
Ven (17/11/2017)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto