“ENSAIO SOBRE A CEGUEIRA” DE SARABELA TEATRO – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Un home parado diante dun semáforo en vermello fica cego subitamente. É o primeiro caso dunha cegueira branca que se expande de maneira fulminante; internados en corentena ou perdidos na cidade, os cegos terán que enfrontarse co que existe de primitivo na natureza humana: a vontade de sobrevivir a calquera prezo. José Saramago traza unha imaxe conmovedora dos tempos que vivimos. Nun mundo así, haberá algunha esperanza?

Con todo, albíscase a posibilidade de que homes e mulleres se rediman pola práctica da lei, da solidariedade, da moral e da ética.

“Ensaio sobre a cegueira” é a ficción dun autor que nos alerta sobre a responsabilidade de ter ollos cando outros xa os perderon.

 

* Premio Fetega 2016 ao mellor espectáculo – Premio María Casares ao mellor maquillaxe.

 

Compañía: Sarabela Teatro.

Xénero: teatro drama.

Autoría: José Saramago.

Dirección e adaptación: Ánxeles Cuña Bóveda.

Escenografía: Suso Montero.

Deseño de son: Renata Codda Fons.

Deseño de iluminación: Baltasar Patiño.

Vestiario: Fina Calleja.

Música: VV.AA.

Coreografía: Cinematografía Jorge Coira e Gaspar Broullón.

Elenco artístico: Vicente Montoto, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Jorge Casas, Sabela Gago, Nate Borrajo, Josito Porto, Elena Seijo e Xavier Estévez.

 


AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 90244226

- En Discos Elepé (Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h, de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

 

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Ven (03/11/2017)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
8 €