“ELISA E MARCELA” DE A PANADARÍA – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

O 8 de xuño de 1901 dúas mulleres, Elisa e Marcela, casan na igrexa de San Xurxo da Coruña. Para conseguiren enganar ao cura e faceren oficial o seu amor, Elisa transfórmase en Mario. A voda e os posteriores sucesos que envolven a súa historia convértenas no primeiro matrimonio homosexual do que temos constancia en todo o Estado, mais tamén nunhas das mulleres máis transgresoras da historia de Galicia. Elisa e Marcela son un símbolo do desafío ás regras do binomio de xénero e da defensa dos dereitos das parellas lesbias.

“Elisa e Marcela” é unha coprodución de A Panadaría co Centro Dramático Galego. A compañía continúa coa súa liña de creación, baseada no humor, a música e o traballo de actriz. Ademais, mantén o seu compromiso coa igualdade, formando un equipo íntegro de mulleres.


Compañía: A Panadaría.

Xénero: teatro comedia.

Actrices creadoras: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.

Dirección: Gena Baamonde.

Dramaturxia: Esther F. Carrodeaguas, Gena Baamonde e A Panadaría.

Música: Ailén Kendelman.

Vestiario e caracterización: Fany Bello.

Iluminación: Laura Iturralde e Montse Piñeiro.

Idioma: galego.

Público: adulto.

Duración: 75 minutos.

Prezo: 8 €.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 90244226

- En Discos Elepé (Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h, de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

 

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Ven (20/10/2017) a Sáb (21/10/2017)
Horarios: 
Venres 20 e sábado 21 ás 21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
8 €