“EINSTEIN-ROSEN” DE OLGA OSORIO E “NOSTALGIE DE LA LUMIÈRE” (NOSTALXIA DA LUZ) DE PATRICIO GUZMÁN - CINE CLUBE LUMIERE. PROXECCIÓNS EN ITINERANCIA DO CGAI – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

“EINTEIN-ROSEN”


FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Olga Osorio.

Fotografía: Suso Bello.

Música: Sergio Moure de Oteyza.

Duración: 9 minutos.

Nacionalidade: España.

Ano: 2016.

V.O.S.C.


FICHA ARTÍSTICA

Teo Galiñanes, Óscar Galiñanes, Xúlio Abonjo, Ricardo de Barreiro.


SINOPSE

Verán do 82. Teo asegura que atopou un burato de verme. O seu irmán,  Óscar, non o  cre. Cando menos,  non de momento.



“NOSTALGIE DE LA LUMIÈRE” (NOSTALXIA DA LUZ)

 

FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Patricio Guzmán.

Fotografía: Katell Djian.

Música: Miguel Miranda, Jose Miguel Tobar.

Duración: 90 minutos.

Nacionalidade: Francia-Alemaña-Chile.

Ano: 2010.

V.O.S.C.


FICHA ARTÍSTICA

DOCUMENTAL

Gaspar Galaz, Lautaro Núñez, Luís Henríquez, Victor González, Vicky Saaveda, Violeta Berrios.

 

- 2010: MELLOR DOCUMENTAL NOS PREMIOS DO CINE EUROPEO.

 

SINOPSE

“Nostalxia da luz” é un filme sobre a distancia entre o ceo e a terra, a distancia entre a luz e os seres humanos, e as misteriosas idas e voltas que se crean entre eles. A tres mil metros de altura, os astrónomos chegados de todo o mundo se reúnen no deserto de Atacama para observar as estrelas no Norte de Chile. Aquí, a transparencia do ceo permite ver até os confíns do universo. Abaixo, a seca do chan preserva os restos humanos intactos para sempre: momias, exploradores, mineiros, indíxenas e osamentas dos prisioneiros políticos da ditadura. Mentres os astrónomos buscan a vida extraterrestre, un grupo de mulleres remove as pedras: buscan aos seus familiares.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

 

 

Data: 
Xov (09/11/2017)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura e mailo CGAI
Acceso: 
2 €
AnexoTamaño
PDF icon CGAI NOVEMBRO 2017.pdf257.38 KB