“DREWES, LEE, HIRSHFIELD EQUALITY” FESTIVAL DE JAZZ DE VIGO “IMAXINASONS 2018” - (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Billy Drewes: vento

Scott Lee: baixo / composición

Jeff Hirshfield: batería

 

Jeff Hirshfield ten realizado amplias xiras por todo o mundo tocando e impartindo obradoiros e clases maxistrais centradas na arte da interacción do grupo e na importancia de escoitar. Tocou en máis de 335 gravacións e é un neoiorquino nativo. Realizou e gravou con grandes figuras da música.

Cando Scott Lee chegou a Nova York a finais dos 70, un dos seus primeiros concertos foi a gravación e posterior xira con Chet Baker. Así empezou a súa carreira profesional como baixista. Seguiu gravando e de xira con grandes músicos. Ademais, ten acompañado a moitos cantantes. Scott ten mostrado a súa versatilidade no mundo orquestral ao formar parte de proxectos moi diversos. Forma parte do Cloning Americana Quartet on Sunnyside Records. No campo do ensino, Scott publicou un libro e imparte docencia en materias relacionadas coa percusión e a espiritualidade.

Billy Drewes atopa un amplo espectro de proxectos artísticos, tanto puramente musicais coma relacionados coa danza, teatro e artes escénicas, cando regresa a Nova York en 1975, tras a súa etapa en Boston. Ten viaxado por todo o mundo tocando en grandes escenarios con diferentes agrupacións. O seu son virtuoso aparece en máis de 175 CD’s. Algúns deles, gañadores dun Grammy. Podemos atopalo tamén en bandas sonoras de películas, vídeos musicais, documentais, DVD’s, etc. Billy é membro da Vanguard Jazz Orchestra desde hai máis de 35 anos. Actualmente é profesor do Departamento de Jazz da Universidade de Nova York. O seu amor pola composición será presentado nunha nova gravación que pronto será lanzada co grupo internacional “Under One Sun”.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

 

 

Data: 
Mér (04/07/2018)
Horarios: 
22:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36201 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
8 €: Venda anticipada, sen gastos de xestión: www.ticketea.com - Teléfono 902044226 – Discos Elepé - O mesmo día no despacho de billetes da sala desde unha hora antes do comezo
AnexoTamaño
PDF icon programa_imaxinasons18.pdf236.89 KB