“DEDE” (DEDE) DE MARIAM KHATCHVANI – CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección: Mariam Khatchvani.

Guión: Vladimer Katcharava, Mariam Khatchvani e Irakli Solomonashvili.

Fotografía: Konstantin Esadze.

Música: Tako Jordania.

Duración: 97 minutos.

Nacionalidade: Xeorxia.

Ano: 2017.

V.O.S.C.

 

FICHA ARTÍSTICA

George Babluani, Natia Vibliani, Girshel Chelidze.

 

-2018: PREMIO FIPRESCI AO MELLOR FILME E PREMIO Á MELLOR PRODUCIÓN E MELLOR DIRECCIÓN NO YEREVAN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL.

-2018: GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME E A MELLOR PRODUCIÓN NO EURASIAN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL.

-2018: PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA, MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR PRODUCIÓN NO BEIJING INTERNATIONAL FILM FESTIVAL.

-2018: PREMIO DA AUDIENCIA Á MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR PRODUCIÓN NO LET'S CEE FILM FESTIVAL.

-2017: PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR PRODUCIÓN NO MONTPELLIER MEDITERRANEAN FILM FESTIVAL.

-2017: PREMIO DA UNESCO Á MELLOR DIRECCIÓN NOS ASIA PACIFIC SCREEN AWARDS.

-2017: PREMIO ESPECIAL DO XURADO Á MELLOR DIRECCIÓN E PRODUCIÓN NO BATUMI INTERNATIONAL ARTHOUSE FILM FESTIVAL.

-2017: PREMIO ESTE-OESTE CON MENCIÓN ESPECIAL Á DIRECCIÓN NO KARLOVY VARY INTERNATIONAL FILM FESTIVAL.

 

SINOPSE

Filme ambientado no ano 1992.  Nunha  vila remota das montañas do Cáucaso nun lugar gobernado por séculos de tradición, unha muller é comprometida en matrimonio por o seu  avó  sen o seu consentimento. Ela está namorada doutro.

 

MARIAM  KHATCHVANI

Guionista  e  realizadora nada en 1986 en Xeorxia. Estuda Cine e Dirección de Televisión entre o 2004  e o  2008, no Teatro Rustaveli Shota, a Universidade Estatal de Xeorxia. Dirixe numerosas curtametraxes documentais: Verdzoba (2006), Máis alá da ventá (2007), e Lichanishi e Kvirikoba (2009). Dinola  (2013) é a primeira curtametraxe de ficción.

Con este filme debuta na longametraxe; na súa presentación dixo que a historia de Dede está baseada na vida da súa avoa e dedicada a ela.

É tamén o seu último traballo.

 


PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

 

 

Data: 
Lun (22/10/2018)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 € - Cota filme soci@: 4 € - Bono Lumière 5 filmes: 15 € (só soci@s) - Cota filme colaborad@r: 5 € - PARAD@S, con carné: 4 €
AnexoTamaño
PDF icon OUTUBRO 2018.pdf118.97 KB