“DANZA DA CHOIVA” DE ELEFANTE ELEGANTE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Que acontecería se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre?

Esta é a pregunta que coloca a Danza da choiva, un espectáculo de teatro xestual, con danza, manipulación de obxectos e monicreques.

Os seus efectos cómicos, plásticos e poéticos advirten, divirten e fascinan ao público familiar e infantil a partir dos 3 anos.

 

- PREMIO MARÍA CASARES 2017 AO MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL.

 

Compañía: Elefante Elegante.

Xénero: teatro xestual.

Autoría, dirección, adaptación e escenografía: María Torres e Gonçalo Guerreiro.

Deseño de son e música: Mano Panforreteiro.

Deseño de iluminación: Dani Pais.

Vestiario: Marcia Edleditsch.

Coreografía: Ánxela Blanco.

Elenco artístico: Gonçalo Guerreiro e María Torres.

Idioma: galego.

Público: familiar (+3 anos).

Duración: 45 minutos.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Dom (08/04/2018)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €