O día 15 de outubro celébrase o “Día de las Escritoras” e a Biblioteca Neira Vilas foi convidada pola Biblioteca Nacional a unirse ás diferentes celebracións que se realizan para homenaxear a todas as escritoras. Este ano baixo o lema “Rebeldes e transgresoras” propóñennos unha selección de autoras e obras que logra unha nova e inédita conexión que nos conduce a unha vida máis participativa.
Para celebralo, o día 15 toda aquela persoa usuaria que leve prestado algún libro escrito por algunha muller será obsequiado cunhas flores que levarán unha etiqueta co logo e o lema deste ano , así como cunha frase dalgunha autora. Durante o resto da semana realizaremos unha exposición con libros de diferentes escritoras que estarán dispoñibles para consulta e préstamo. Haberá un "Photocall" con diferentes materiais para que a xente que queira se faga fotos, vídeos lendo... e logo subilo ás súas redes sociais.
Participantes: público general.
PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA
Anexo | Tamaño |
---|---|
![]() | 5.58 MB |