“DÍAS COR LARANXA” DE PABLO LLORCA - CINE CLUBE LUMIERE. PROXECCIÓNS EN ITINERANCIA DO CGAI – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Pablo Llorca.

Fotografía: Wiro Berriatúa.

Duración: 76 minutos.

Nacionalidade: España.

Ano: 2016.

COR – V.O.

 

FICHA ARTÍSTICA

Jorge Ferrer, Astrid Menasanch, Luis Miguel Cintra, Annie Kay Dähltrom.

 

SINOPSE
“O Luis Flete, xastre de Jardines Colgantes, recomendaba ao seu interlocutor que -cito de memoria- 
"non escatimase coa calidade e gozase da diversidade", e, unha vez pasados os anos, acumulados os títulos, podería ser unha boa lenda para o imaxinario escudo de armas de Pablo Llorca, quizais o único cineasta español do que un agarda a súa película anual con renovadas Esperanzas. Llorca leva tempo explorando o mesmo terreo, unha curiosa serie B narrativa e de alento político que agocha non pouca ambición: a de contar custe o que custar, acadar unha terra compacta onde a imaxinación e a bricolaxe de corte wellesiano equilibra os quebrantos da falta de financiamento. En Días color naranja, sen perder, nin o apego económico, nin o xesto demiúrxico, Llorca muda as intrigas polo retrato a intensos golpes de brocha dunha parella moza unida polo azar: cando fallan os avións (aqueles cambios de plano intercontinentais e entre dimensións que tanto gustan ao cineasta) chega o tempo do tren: un movemento máis ben das orixes do cinema (antes das stars); panorámicas, planos/contraplanos, travellings adormecementos. 

Non resulta difícil achegar aquí a Llorca ao Linklater de Antes del amanecer, e non só argumental e iconograficamente, xa que tamén se trata agora dunha sentida celebración do desexo por abandonar a liña recta e aceptar o se deixar ir polos meandros da vida e os seus azares partillados na asumida fugacidade. Mais o momento máis belo do filme (e posiblemente deste ano non moi memorable para o cine) poida que llo debamos a un corredor hitchcockiano do que emerxe Luis Miguel Cintra, antigo cómplice de Llorca, memoria en movemento e foto fixa: cantas vidas nunha, como abouxa aquí a historia do cinema e o teatro”. Alfonso Crespo, 'Del tiempo del interraíl', Diario de Sevilla.



MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

 

 

Data: 
Mar (06/06/2017)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura e mailo CGAI
Acceso: 
2 €