“CONTOS DAKÍ” CICLO DE CONTACONTOS PARA ADULTOS - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

- Venres, 26 de xaneiro de 2018. Soledad Felloza.

- Venres, 23 de febreiro de 2018. Quico Cadaval.

- Venres, 23 de marzo de 2018. Paula Carballeira.

 

O último venres de cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego para deleitar aos nosos usuarios cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotidianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas.

 

Destinatarios: público adulto.

Data: 
Ven (26/01/2018)
Horarios: 
19:30 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto