“CONTOS DAKÍ” (CICLO DE CONTACONTOS PARA ADULTOS) - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

Venres, 27 de abril. María da Pontragha.

Venres, 25 de maio. Avelino González.

 

O último venres de cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego para deleitar ao público cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotidianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas.

 

Destinatarios: público  adulto.

 

 

PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA

Data: 
Ven (25/05/2018)
Horarios: 
19:00 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto