“CONTOS DAKÍ” - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

Venres, 26 de outubro de 2018. Avelino González.

Venres, 30 de novembro de 2018. Quico Cadaval.

Venres, 21 de decembro de 2018. Soledad Felloza.

 

O último venres de cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego para deleitar ás persoas usuarias cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotidianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas.

 

Destinatarios: público adulto.

Prazas: entrada libre ata completar aforamento.

 

 

 

PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA

Data: 
Ven (26/10/2018)
Horarios: 
19:30 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto